Sunday 05 de May de 2024

Alternativa denuncia que teñen que desocupar o local municipal en menos de 48 horas


A notificación recibida o venres 9 por vía telemática informaba da obriga de deixar valeiro o local municipal, onde o grupo ten a súa sede en Cambre, así mesmo, facer a entrega das chaves antes do día 12 as 12:00.

Unha vez máis queda retractada a mala xestión e organización do goberno de Unión por Cambre: Unha fin de semana para valeirar o local que leva sendo sede do grupo os últimos tres anos.

-Aínda non comezou a lexislatura e xa comezan a trabas.- afirmaba Raúl Varela, actual voceiro do grupo, – Non permitiremos o acontecido no 2019 no que Alternativa tardou case un ano en recibir o local asignado dende a formación da corporación.-